Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Galicia separamos de xeito selectivo só entre o 16 e o 18% dos residuos

En Galicia separamos de xeito selectivo só entre o 16 e o 18% dos residuos

Na nosa comunidade xeramos arredor de 1,14 quilos de lixo por habitante e día

Máis do 80 % deses restos van todos mesturados, o que complica a reciclaxe nas plantas de tratamento

Nos fogares separamos os refugallos e a única reciclaxe que podemos facer é a compostaxe doméstica

G24.gal 19/04/2026 14:24 Última actualización 19/04/2026 15:24

En Galicia estamos cada vez máis concienciados coa reciclaxe do lixo que xeramos. Aínda así, as cifras actuais distan moito dos obxectivos marcados polas administraciós e das normas vixentes.

"O tema de separar papel, vidro, materia orgánica e plásticos levámolo facendo bastante tempo na casa", asegura unha persoa que recicla.

En Galicia xeramos arredor de 1,14 quilos de residuos por habitante e día, pero na nosa comunidade separamos selectivamente só entre o 16 e o 18 % dos residuos, polo que máis do 80 % deses restos van todos mesturados, o que complica a reciclaxe.

"Se que é certo que os envase lixeiros de plástico e metais séguenos custando un pouco máis. O contedor amarelo o máis habitual é pensar que é para residous plástcios cando é para envases de plástico e de metal", di Inés Lusquiños, técnica da Oficina de Economía Circular Municipal da Xunta.

"As institucións non deberían permitirlle ás grandes superficies vender tanto produto plastificado, hai cousa que son totalmente prescindibles", engade outra persoa que recicla habitualmente.

Máis que reciclar, nos fogares o que facemos é separar o lixo que orixinamos. A única reciclaxe que podemos facer na casa é a compostaxe doméstica ou autocompostaxe, o resto faise nas plantas de tratamento.

"Arredor do 86 % dos concellos galegos dispoñen dalgún sistema para xestionar de xeito separado a fracción orgánica. Por iso están aparecendo estos contedores marróns nas rúas sobre todo das cidades que está potenciando a compostaxe doméstica", destaca  Inés Lusquiños.

"Hai moita publicidade e moita información sobre a reciclaxe, temos os medios para poder reciclar", engade outro cidadán. 

É importante non só facer a separación correcta de residuos, tamén atender os horarios municipais, normalmente noctunos, para depositar o lixo nos colectores. De acordo ás ordenanzas municipais, os concellos poden impoñer multas e sancións se non se cumpren.

"Penso que é un tema máis de educación, non creo que as multas sexan a solución", asevera outra persoa que di reciclar. 

Para reducir os residuos no fogar cabe poñer o foco sobre a fracción orgánica, reducindo o desperdicio de alimentos, planificar ben as compras, fixarse nas datas de consumo preferente, organizar as neveiras e aplicar a cociña de aproveitamento. Tamén mercar máis produtos non envasados, a granel, e reutilizar as bolsas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade