Cargando resultados...
En Domaio pulan por conservar parte do eucalipto da capela de San Bieito
En Domaio pulan por conservar parte do eucalipto da capela de San Bieito
A árbore está enferma, o problema é que tamén parecen estar afectadas as raíces
G24.gal
20/04/2023 12:45
O vello eucalipto da capela de San Bieito en Domaio está enfermo e xa hai permiso para cortalo. É unha árbore símbolica que leva preto de cen anos no adro. Por iso moitos queren que se conserve polo menos parcialmente.
O problema é que a árbore, segundo os últimos informes, está envelenada e habería que arrancala enteira; algo que implica que os veciños non poderán facer con ela a escultura de San Bieito que pretendían deixar no lugar.