Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta remonta por sexta vez na casa diante do Leganés (2-1) e mira cara a Europa

O Celta remonta por sexta vez na casa diante do Leganés (2-1) e mira cara a Europa

Os goles de Mingueza e Alfon, o mellor do partido, neutralizaron a vantaxe do Leganés

O equipo de Giráldez é 8º momentaneamente, posto que podería darlle acceso ás competicións europeas

G24.gal 08/03/2025 13:05

Minuto a minuto

Ás 14:00h comeza o partido de Balaídos: Celta-Leganés

Este é o XI inicial do Celta de Claudio Giráldez. Volve á titularidade o capitán, Iago Aspas

 

E este é o XI inicial do Leganés de Borja Jiménez. Volven a Balaídos Tapia e Óscar

 

1'

Comezou o partido en Balaídos: Celta 0-0 Leganés

6'

Ocasión para o Celta á contra. Alfon intérnase pola esquerda, pero non é quen de superar ao seu par no remate, que sae rexeitado

19'

GOL do Leganés. Xogada persoal de Juan Cruz pola dereita, e o pase cara atrás remátao a gol Rosier. Celta 0-1 Leganés

 

26'

GOOOOOOOOOOL do Celta!!!!Xogada de Alfon pola esquerda, asiste a Mingueza, e este marca cun remate por abaixo. Celta 1-1 Leganés

 

31'

Remate de Diego García desde o costado dereito, saca con problemas a córner Guaita

37'

Díaz de Mera indica inicialmente penalti de Nastasic sobre Borja Iglesias, e expulsa ao xogador do Leganés por dobre cartón amarelo. Pero, tras a consulta co VAR, anula a súa decisión e quítalle o cartón so xogador do equipo madrileño

46'

GOOOOOOOOOOOL do Celta!!!!!Gran ataque do Celta, asiste Borja Iglesias, e marca Alfon de remate cruzado. Celta 2-1 Leganés

 

45+3'

Descanso en Balaídos!! O Celta remontou nun gran treito final da primeira metade. Este é a 9ª vez que comeza perdendo na casa. EN 5 das oito anteriores, non perdeu

46'

Comeza a segunda parte en Balaídos. Celta 2-1 Leganés

47'

Jailson chega para enviar a córner un pase da morte antes de que chegue Óscar para o remate

48'

Paradón de Guaita sobre a mesma liña logo dunha cabezada á saída do córner

50'

Outra boa acción de Alfon pola esquerda cun centro que remata Carreira, moi centrado, ás mans de Dimitrovic

73'

Mala cesión de Starfelt a Guaita, e a piques estivo de chegar Miguel ao remate, despois de minutos de maior presenza ofensiva do Leganés, sen crear ocasións claras

78'

Forte disparo de Alfon desde a frontal da área, e saca Dimitrovic a córner

87'

Gol anulado ao Celta. Marcou DUrán logo dun roubo de Ilaix e asistencia de Íker, pero o var determinou a posición adiantada do dianteiro. Segue o 2-1

90+5'

FINAAAAAAAAAL do partido en Balaídos!!! Remontou o Celta cos goles de Mingueza e Alfon. É a quinta remontada do Celta, que comezou perdendo nove partidos este ano como local. Co triunfo, os vigueses colócanse momentaneamente no 8º posto, que podería dar acceso ás competicións europeas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos