Empezan os cinco días de troula da romaría do Naseiro
Os asistentes organízanse en parcelas con colchóns, neveiras, comida e bebida
Levan ata sofás para ter todas as comodidades durante a festa
A carón do Landro, en Viveiro, xa se respira a esta hora o ambiente das romarías de antes da pandemia. Volve o Naseiro como foi sempre, sen restricións. Empeza hoxe, día do polbo, e por diante teñen cinco xornadas de troula.
"Había moitas ganas, si si. É que son dous anos de parón, que para nós foi moi duro", dicía unha polbeira que preparaba 350 quilos e polbo só para hoxe.
"A min dixéronme que esta era a romaría do bó xantar e do bó comer", comentaba unha rapaza que asiste por primeira vez.
"É como a feira dalí, de Cádiz, pero esto é como máis... artesanal, imos dicir", sinalaba un gaditano.
"Son cinco días de festa, estás cos teus amigos, despides o verán, despois todos marchan. Entón é o momento para reunirse todos", comentaba unha moza asidua ao Naseiro.