Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empezan a florear os crisantemos que encherán os camposantos para Defuntos

Empezan a florear os crisantemos que encherán os camposantos para Defuntos

As plantas a mediados de outubro sairán dos viveiros para os puntos de venda

O prezo do testo para o público rolda os 10 euros

G24.gal 27/09/2025 20:22 Última actualización 27/09/2025 20:32

Nun par de semanas empezarán a venderse as flores para Defuntos, unhas flores que xa están medrando nos viveiros. Unha das clásicas é o crisantemo. Este ano poderían subir algo e custar sobre 10 euros.

Aínda falta un mes longo para Defuntos e nos viveiros están a punto de florecer as plantas que van engalanar os camposantos. Os viveiros énchense nestas datas de testos que se venderán como planta e non como flor cortada.

"Podíanse facer moitas máis se houbese máis espazo. Necesitan espazo todo ao redor para que sexan redondas, ben feitas, e non medren cara arriba. Ocupan moito espazo no viveiro", asegura Ofelia Vieites, dona de Viveiros Compostela.

Nun par de semanas, estarán listas para saír desde aquí  aos puntos de venda: florerías e supermercados. Tamén nisto hai innovación, os clásicos brancos e amarelos deron paso a mesturas con rosas e fucsias.

"É moi práctico, é unha flor barata porque hoxe os ramos de flores son caros, teñen outra categoría como cousa especial, pero isto queda moi ben. Agora hai cores de todo tipo e aguantan moito, o dobre que un centro de flores", relata Ofelia

A metade da producción xa a teñen vendida. O resto, despacharana  directamente ao público.

"Nós intentamos manter os prezos o xusto. Subiu todo, o substrato, os testos, a man de obra. Pero é unha planta relativamente barata, creo que se pode vender ao público sobre 10 euros incluso nalgúns sitios menos. É unha planta moi accesible", di.

Para os viveiros, a época máis forte é a da primavera coas plantacións dos xardíns. Agora no outono salvan a tempada coas flores para os Defuntos e o Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos