Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activada a alerta por inundacións en sete ríos da Coruña e Pontevedra

Activada a alerta por inundacións en sete ríos da Coruña e Pontevedra

As concas do Lagares en Vigo e do Sar, no sur de Santiago, están baixo observación e en fase de prealerta

O río Tambre ao seu paso pola Ponte Maceira
G24.gal 24/12/2022 10:57 Última actualización 24/12/2022 19:23

A Axencia Galega de Emerxencias, Axega 112 Galicia, advertiu este sábado do aumento dos caudais de sete ríos na comunidade, e que supuxo o rebordamento nalgúns puntos.

O 112 detallou que as concas do río Lagares, á altura de Vigo, e do río Sar, no sur de Santiago de Compostela, están baixo observación e en fase de prealerta. 

Os ríos Barcala e o Tambre desbordáronse en Negreira e na Ponte Maceira, respectivamente, deixando espectaculares imaxes.

Outros sete ríos xa superaron os limiares establecidos e superan o nivel de desbordamento. Son os ríos Mera, en Ortigueira; Rego dás Mestas, en Valdoviño; Mandeo, en Aranga; Mendo, en Betanzos; Tambre, en Oroso; e Dubra e Tambre en Val do Dubra; todos estes na provincia da Coruña. Na provincia de Pontevedra, superou o limiar o río Lérez ao paso pola capital.

Isto fai que aumenten as probabilidades de enchido total da canle e mesmo que poidan producirse desbordamentos, informa Emerxencias. Xa houbo algunhas inundacións e fincas asolagadas.

As recomendacións son abandonar calquera actividade nos cursos fluviais para evitar a sorpresa da crecida do caudal, retirar os vehículos das marxes dos ríos, evitar pontes ou torrentes ou, en caso de inundación dunha vivenda, acceder ás partes máis altas.

Río Tea en Ponteareas a piques de desbordar Río Tea en Ponteareas a piques de desbordar
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade