Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esta semana adxudicarán as obras para mellorar os portos de Miño, Pontedeume e Barallobre

Esta semana adxudicarán as obras para mellorar os portos de Miño, Pontedeume e Barallobre

Aumentarase o calado para que a dársena poida estar sempre operativa e sexa máis fácil atracar, tal e como demandan os usuarios

No total dos arranxos, Portos de Galicia investirá un millón e medio de euros

G24.gal 09/12/2025 21:30 Última actualización 09/12/2025 21:47

Portos de Galicia adxudicará esta mesma semana as obras de dragaxe de Miño para dar resposta ao problema de calado das instalacións. Aumentarase o calado para que a dársena poida estar sempre operativa e que sexa máis fácil atracar, tal e como demandan os usuarios. No total dos arranxos, Portos de Galicia investirá un millón e medio de euros.

A súa execución permitirá mellorar a operatividade do porto e tamén reducir o impacto dos temporais sobre a frota que se ve agravado pola falta de calado baixo os amarres. 

Consciente desta situación, Portos de Galicia leva moitos meses traballando nesta obra dada a complexidade das tramitacións das dragaxes que requiren unhas garantías ambientais moi rigorosas ademais dos informes e permisos de organismos de diferentes administracións.

O vindeiro mércores está convocada a mesa de contratación que adxudicará os traballos, conxuntamente coas dragaxes de Pontedeume e Barallobre.

Unha vez iniciadas as obras terán un prazo de execución de 9 meses e permitirán a dragaxe do interior da dársena ata a cota -1 metro.

A superficie de dragaxe é de 8.000 metros cadrados e o volume estimado é de 15.000 metros cúbicos.

Así o explicaba nas declaracións conxuntas José Antonio Álvarez Vidal, Presidente de Portos de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade