Cargando resultados...
Chega á costa de Muxía unha baliza procedente dos Estados Unidos
Cruzou uns 6.000 quilómetros á valga antes de chegar ás nosas costas
G24.gal
09/12/2025 18:16
Unha baliza estadounidense quedou encaixada entre as rochas na costa e Muxía.
O artefacto, duns seis metros de altura, percorreu uns 6.000 quilómetros á valga, arrastrada polas correntes, ata que as ondas a deixaron nunhas rochas na praia de Nemiña.
Crese que é unha boia cun dispositivo de iluminación que serviu para marcar a canle de acceso a un porto.
Un temporal debeu desprendela do seu morto antes de cruzar todo o Atlántico.