O segundo maior embarque na historia de Vigo: 1.800 turistas no Marella Discovery
O transatlántico partirá desde o porto vigués rumbo o Caribe
A tempada de cruceiros segue moi viva en Galicia neste mes de decembro. E este martes en concreto é un día histórico para Vigo, que volve converterse en porto base de transatlánticos,onde esta mañá embarcaron case 1.800 turistas, a inmensa maioría británicos.
É o segundo embarque máis grande da historia e consolida a Cidade Olívica como porto base de transatlánticos de gran calado.
O buque, de 264 metros de eslora, está rematando a súa preparación para a travesía oceánica de 14 noites rumbo ao Caribe. Máis de 50 autobuses trasladaron os pasaxeiros chegados a Santiago dende o aeroporto de Londres, Manchester e Glasgow. A maior parte dos pasaxeiros son de nacionalidade británica, pero a primeira en entrar foi unha malagueña:
"De Vigo ao Caribe, é a primeira vez que cruzamos nesta época do ano, así que esperemos que estea todo calmado e ben", destacaba.
O transatlántico comeza a súa travesía ás dez da noite, polo que moitos turistas estranxeiros aproveitan a tarde para ver tanto a cidade coma o famoso acendido das luces de nadal, que o definen coma "fabuloso" e afirman que: "Din que son as mellores de España", afirmaba un turista británico.
Este embarque histórico encádrase nun ano de récord para o tráfico de cruceiros en Vigo. Está previsto pechar o ano con 120 escalas e máis de 310.000 pasaxeiros, batendo así a marca do ano 2011.