Vietnam eleva a 262 a cifra de vítimas mortais polo paso do tifón Yagi
Vietnam eleva a 262 a cifra de vítimas mortais polo paso do tifón Yagi
Ademais, hai 83 persoas desaparecidas e máis de 1.900 feridas
As autoridades vietnamitas actualizaron a cifra de vítimas polo paso do tifón Yagi, que golpeou o norte do país a fin de semana pasada antes de proseguir como depresión tropical cara a Tailandia e Birmania. Xa son 262 as persoas mortas e 83 as desaparecidas.
Os equipos de emerxencia traballan para asistir as persoas damnificadas e levarlles axuda, incluídos alimentos e auga potable, tras a melloría da situación. O Yagi está considera como o tifón máis forte deste ano en Asia e un dos máis potentes en tres décadas.
A maioría das vítimas concéntranse nas provincias de Lao Cai, Yen Bai e Cao Bang, segundo o último parte da axencia de desastres vietnamita.
O tifón, que provocou inundacións e corrementos de terra, tamén deixou máis de 1.900 persoas feridas, unhas 168.000 vivendas danadas e 183.000 hectáreas de arrozais asolagados.