Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis persoas falecen no naufraxio dun transbordador con 267 pasaxeiros en Chipre

Seis persoas falecen no naufraxio dun transbordador con 267 pasaxeiros en Chipre

Os equipos de salvamento conseguiron rescatar 159 persoas

A cifra de vítimas mortais podería ir en aumento

G24.gal 30/08/2026 14:20 Última actualización 30/08/2026 14:51

Un barco de pasaxeiros cunhas 267 persoas a bordo afundiuse fronte á costa do norte de Chipre este domingo. O primeiro ministro turcochipriota, Ünal Üstel, confirmou que hai vítimas mortais, de momento seis confirmadas. Pola súa banda, o alcalde da localidade de Kyrenia, Murat Senkul, declarou á cadea CNN Turk que se conseguiron localizar 159 das 267 persoas que viaxaban na embarcación.

Segundo os medios locais o catamarán comezou a facer auga a unhas catro millas da costa. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade