Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Saviñao ponlle o ramo á V Festa da Vendima da Ribeira Sacra

O Saviñao ponlle o ramo á V Festa da Vendima da Ribeira Sacra

O acto central foi este domingo coa tradicional bendición de uvas e campos, o pisado oficial dos acios e o nomeamento das Damas e Cabaleiros da Orde da Mencía

G24.gal 30/08/2026 13:52

O Saviñao ponlle fin á V edición da Festa da Vendima da Ribeira Sacra, unha semana de actividades culturais e gastronómicas para homenaxear o patrimonio vitivinícola da zona. O acto central foi este domingo coa tradicional bendición de uvas e campos, o pisado oficial dos acios e o nomeamento das Damas e Cabaleiros da Orde da Mencía.

Un dos novos cabaleiros é o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que se compromete con este nomeamento a promocionar os viños desta Denominación de Orixe, claves na economía e atractivo turístico da Ribeira Sacra.

Nesta edición organizáronse visitas a adegas e encontros para analizar como pode axudar a tecnoloxía ao cultivo das vides, ademais dun amplo programa de actividades culturais, con música, cine e postos de artesanía.

E para seguir achegando a cultura do viño á cidadanía, en setembro o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, organiza unha nova edición do Viñobús Vendima. Xa está aberto o prazo para apuntarse ás visitas que se van organizar os días 6, 12, 13, 19 e 20 de septiembre do próximo mes para coñecer de primeira man o traballo das adegas e da vendima tradicional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade