Un médico australiano comeza na Illa de Arousa a volta ao mundo a vela en solitario
Mathew Wright, de 56 anos, é médico de urxencias nun hospital de Adelaida
A travesía, coñecida como a Ruta dos Grandes Cabos, vaille levar 8 meses
Chegou co seu barco Agitator hai cinco anos e desde entón gárdao no porto de Xufre durante o inverno
A volta ao mundo conta co patrocinio do Concello da Illa de Arousa e da Escola de Navegación Tradicional Dorna
Mathew Wright, un médico australiano de 56 anos, comeza a aventura da súa vida: dar a volta ao mundo a vela navegando en solitario.
"É como un soño para min, algo que teño que vivir antes de morrer", explica Mathew.
Este veleiro, de apenas 11 metros de eslora, será o seu fogar no medio do océano. Oito meses de navegacion en solitario esixen calcular moi ben os víveres e prepararse psicoloxicamente.
"Ás veces pensaba se é posible que tivese comida dabondo, pero sobre o papel está ben. Teño moitos libros, moitos audiolibros, porque creo que é importante escoitar a voz humana para a saúde mental", comenta Mathew Wright.
A travesía vaino levar ata o cabo de Nova Esperanza, en Suráfrica. De aí ao sur de Australia e Nova Zelandia. Tras cruzar o Pacifico dobrará o cabo de Fornos e navegará rumbo norte ata a Illa de Arousa.
"É moi duro, moi difícil. Probablemente haberá moitas tormentas e ventos moi fortes. É un reto moi grande"
Só tres de cada dez navegantes solitarios conseguen rematar a volta ao mundo. O Agitator e Mathew Wright teñen por diante 27 mil millas náuticas. Na illa de Arousa agardan darlle a benvida en maio do ano vindeiro.