Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Morrazo foi unha das zonas máis afectadas polas treboadas

O Morrazo foi unha das zonas máis afectadas polas treboadas

Estoupa unha tubaxe en Coiro e problemas de asolagamento en Eugenio Sequeiros, en Cangas

G24.gal 29/04/2026 13:49

Unha das bisbarras máis afectadas pola gran treboada do martes pola tarde nas Rías Baixas foi o Morrazo. En Cangas saltaron as tapas de sumidoiro, rebentou unha tubaxe de saneamento fronte ao colexio de Coiro provocando unha fochanca.

Tamén se reproduciron os habituais asulagamentos na contorna do mercado municipal, malia a prevención dos establecementos para que a auga non estrague as súas mercadorías con barreiras e con trampelas mesmo dotadas con sensores por se o asolagamentos se producen pola noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade