Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sur de Lugo e a zona do Miño en Pontevedra e Ourense, en aviso amarelo por altas temperaturas e treboadas

O sur de Lugo e a zona do Miño en Pontevedra e Ourense, en aviso amarelo por altas temperaturas e treboadas

O aviso por altas temperaturas comezará ás 15:00 horas e permanecerá activo ata as 21:00 horas

As tormentas rexistraranse antes na montaña de Lugo, onde o aviso permanecerá activo entre as 15:00 e as 21:00 horas

directo En directo cámara web da CSAG en Verín
G24.gal 27/05/2026 08:15 Última actualización 27/05/2026 08:53

O sur da provincia de Lugo e a zona do río Miño en Pontevedra e Ourense estarán en aviso amarelo este mércores por altas temperaturas, que, segundo a información de Meteogalicia, poderán superar os 36°.

Ademais, a zona da montaña en Lugo e Ourense tamén estará en alerta amarela, neste caso por tormentas que poderán estar puntualmente acompañadas de sarabia. En concreto, o aviso por altas temperaturas comezará ás 15:00 horas e permanecerá activo ata as 21:00. As tormentas rexistraranse antes na montaña de Lugo, onde o aviso permanecerá activo entre as 15:00 e as 21:00 horas. Pola súa banda, en Lugo, poderán producirse entre as 18:00 e as 24:00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade