As treboadas deixan 2.340 raios e temperaturas de ata 25 graos de madrugada
Os termómetros non baixaron dos 11 graos e a máxima localizouse ás tres de madrugada en Folgoso do Courel, con 25,6 graos
Segundo MeteoGalicia, o anticiclón seguirá toda a semana con outro incremento das temperaturas a partir do mércores
Vimos dunha noite cálida, con tormentas e temperaturas altas despois dunha tarde marcada polas sarabiadas en puntos como Carballo.
Esta madrugada, segundo Meteogalicia, caeron 2.340 raios e as temperaturas non baixaron dos 11 graos en ningún punto do país. A máxima que recolle MeteoGalicia é de 25,6 graos ás tres menos vinte en Folgoso do Courel. Ás oito, no Penedo do Galo, en Viveiro, chegouse aos 25,7.
De día, este domingo a máxima marcouna Ourense, con 34 graos. No resto do país, o sol e as temperaturas de máis de 30 graos animaron a moitos a achegárense ás praias.
A partir das dúas da tarde, na Mariña e nas zona de montaña hai avso por treboadas, con sarabia e refachos fortes de vento nalgunhas zonas.
A previsión di que o anticiclón seguirá en Galicia toda a semana con outro incremento das temperaturas a partir do mércores.