Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen unha muller mentres vendía droga na Pobra do Caramiñal

Deteñen unha muller mentres vendía droga na Pobra do Caramiñal

Comisáronse en total 67 doses de cocaína, 84 de heroína e 1.189 euros en moeda fraccionada, ademais dun puño americano cunha dobre función de pistola de descargas eléctricas

Garda Civil/Policía Local Garda Civil/Policía Local
G24.gal 27/05/2026 11:03

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro en colaboración coa Policía Local da Pobra do Caramiñal desarticularon un punto de venda de substancias estupefacientes e detivo unha muller mentres se dispoñía a realizar unha transacción.

Os axentes detiveron a veciña desa localidade como presunta autora dun delito contra a saúde pública na fase de explotación da operación Congast, que se iniciou por mor de ter coñecemento os efectivos da posible existencia dun punto de venda deste tipo de substancias na localidade da Pobra do Caramiñal.

No transcurso da mesma, efectivos da Policía Local sorprenderon esta muller mentres se dispoñía a realizar unha transacción, intervíndolle 6 doses individuais de cocaína, 3 doses de heroína e moeda fraccionada, procedendo á súa detención como presunta autora dun delito contra a saúde pública e á incautación dos efectos atopados.

Incautáronse en total de 67 doses de cocaína, 84 de heroína e 1.189 euros en moeda fraccionada, ademais dun puño americano cunha dobre función de pistola de descargas eléctricas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade