Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Duelo de urxencias no derbi galego da Asobal
O Cisne e o Cangas están pelexando pola salvación
                            G24.gal
                        
                            13/04/2023 13:25
                        
                        
                                Última actualización 13/04/2023 13:29
                        
                        
                    
                    Xuntamos os adestradores do Cangas Frigoríficos do Morrazo e do Cisne Los Sauces 48 horas antes do enfrontamento en Pontevedra. Duelo de necesidade para ambos. Están pelexando pola salvación.
Javier Márquez, con máis dificultades que o Cisne, Nacho Moyano coa permanencia mais preto tras o último triunfo co Anaitasuna. O sábado ás cinco da tarde pola G2 e pola web g24.gal/deportes temos a festa do balonmán galego de Asobal.
Javier Márquez: "Non temos marxe de erro. Estamos a 6 puntos do Cangas. E vainos todo neste partido".
Nacho Moyano: "A clasificación inflúe pouco nun derbi. Inflúe moito máis a xestión emocional".
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        