Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas persoas morreron esta fin de semana nas estradas galegas

Dúas persoas morreron esta fin de semana nas estradas galegas

Un home faleceu nunha saída de vía nunha estrada secundaria de Santa Comba

Un motorista morreu na Coruña ao caer do seu vehículo na terceira ronda

G24.gal 14/04/2024 13:59 Última actualización 14/04/2024 19:36

Dúas persoas faleceron en accidentes de tráfico en Galicia na fin de semana. A última vítima foi un home de 81 anos que sufriu unha saída de vía co seu coche en Santa Comba pasadas as nove da noite do sábado.

O sinistro ocorreu na parroquia de Mallón. Unha persoa alertou os servizos de urxencias ao ver o coche accidentado a carón da estrada que vai de San Cristovo a Grixoa. No interior estaba o condutor, un home de 81 anos, aparentemente inconsciente.

Os servizos de rescate constataron que non estaba atrapado, pero os sanitarios só puideron confirmar a morte. A investigación determinará se o home, que ía só, puido sufrir algunha indisposición previa ao accidente, xa que non había marcas na estrada. 

A outra vítima da fin de semana foi un motorista de 40 anos que este sábado pola tarde caeu do seu vehículo na Terceira Rolda da Coruña, á altura da glorieta de acceso ao polígono de Pocomaco.

Foi una saída de vía pola marxe esquerda da estrada. O home faleceu no lugar como consecuencia do golpe sen que os servizos sanitarios puideran reanimalo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade