Cargando resultados...
Dúas persoas quedan feridas tras bater dous coches na autovía do Morrazo
Nun dos vehículos viaxaban varios menores que saíron polo seu propio pé
G24.gal
27/04/2024 13:39
Última actualización 27/04/2024 13:51
Un grave accidente rexistrado este sábado na autovía do Morrazo, a AG-46, deixou dúas persoas feridas.
Por motivos que se están a investigar, dous vehículos bateron frontalmente. Nun deles viaxaban menores que por sorte saíron polo seu propio pé. Os bomeiros do Morrazo excarceraron a súa nai e tamén o outro ferido.
Durante os labores de rescate, houbo importantes retencións. Axentes da Garda Civil de Tráfico tiveron que pechar un dos carrís de circulación. O sinistro aconteceu no teito entre Cangas e a saída de Bueu, á altura da parroquia de Coiro.
