Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas novas liñas de autobús entre O Morrazo e os hospitais de Vigo

Dúas novas liñas de autobús entre O Morrazo e os hospitais de Vigo

A saída dende O Morrazo, ás 6:40 da mañá, unha reclamación dos traballadores no hospital; e o regreso, ás 15:15, demandado tamén polos pacientes

G24.gal 23/03/2023 14:04

Dúas novas liñas de autobús conectan O Morrazo cos hospitais vigueses. Comeza ás sete menos vinte da mañá o percorrido dende Cangas, por Moaña e ata a rúa Pizarro, onde está un centro de especialidades. A outra liña sae tamén de Cangas con parada en Moaña e chega ata os hospitais do Meixoeiro e o Álvaro Cunqueiro. Ten regreso ás tres e cuarto da tarde.

As dúas novas liñas veñen unirse ás seis que xa están en funcionamento entre O Morrazo e os hospitais de Vigo. Neste caso trátase de rutas directas sen paradas intermedias.

O horario de saída dende O Morrazo, ás 6:40 da mañá, era unha reclamación sobre todo dos traballadores no hospital, mentres que o regreso ás 15:15, é un dos máis demandados tamén polos pacientes.

Despois do verán,o número de usuarios do autobús entre O Morrazo e Vigo aumentou un 30 %, e no caso concreto de Moaña medrou un 41 %. Para ir ao centro da cidade os viaxeiros seguen a escoller o barco. O ano pasado o transporte de ría contabilizou máis dun millón de viaxes, segundo os datos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade