A comarca de Santiago tamén acolle familias que foxen da guerra
Dúas mulleres e unha nena pasan a primeira noite coa familia en Teo
A chegada á estación de Santiago o sábado á noite puña fin a sete días dunha viaxe case imposible. Por minutos, libráronse do bombardeo do tren que ían coller en Kíiv. A salvo da guerra e da morte, as apertas coa familia que as agarda son sanadoras.
Eugenia, Tatania e a nena de nove anos que tutelan pasaron a primeira noite en Teo .
Daria, que leva anos vivindo en Galicia traduce o que elas lle contan.
Só lles preocua a xente que queda alí e senten vergoña por virse e deixar os seus alí.
Obrigadas a deixar atrás a súa vida, relatan o horror vivido dende que comezou a invasión rusa. Proceden dunha vila próxima a Kíiv, moi próxima a esta localidade que os seus veciños gravaron arrasada
Bombardean moito, rouban a xente e matan moito a xente e os nenos tamén .
Dende Compostela o colectivo Nenos de Ucraína e Galicia desvívese por axudarlles a saír do país a máis persoas que buscan refuxio.
Grazas a Deus temos ONGS traballando en Polonia e Rumania. que fan o que poden e ás veces máis.
Queren a paz , que esto pare e ter os seus nenos e que o súa filla e o seu neto poidan estar aquí tamén