Dro Fernández, a sensación do Barcelona que comezou no Val Miñor
Con 17 anos marcou o primeiro gol co equipo catalán no amigable contra o Vissel Kobe xaponés
Pedro Fernández Sarmiento, coñecido futbolísticamente como Dro Fernández, apareceu con 17 anos na pretemporada do Barcelona. Poucos saben que se formou no Val Miñor de Nigrán e que alá polo ano 2016 era un dos mellores xogadores da categoría prebenxamín que había en Galicia. De feito o Val Miñor proclamouse campión galego da categoría ao impoñerse por 6-1 ao Cristo da Victoria nun torneo que ofreceu a Televisión de Galicia.
Agora seguiremos de preto a traxectoria de Dro Fernández. Desde o 2021 pasou á canteira do Barcelona, onde foi dando pasos para a súa formación futbolística. Tentará gañar a confianza de Flick, ao que non lle treme o pulso á hora de darlles a alternativa aos xogadores novos.