Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado un veciño de Verea por roubar 34 colmeas

Investigado un veciño de Verea por roubar 34 colmeas

O material apícola foi localizado nunha leira do sospeitoso e está valorado en máis de 5.000 euros 

A Garda Civil tamén actuou contra un home por un delito contra a propiedade intelectual 

G24.gal 04/06/2026 11:10 Última actualización 04/06/2026 12:52

A Garda Civil de Ourense investiga dous veciños da provincia por supostos delitos de furto e contra a propiedade industrial en actuacións levadas a cabo nos municipios de Verín e Verea

Nun dos casos, os axentes tomaron declaración como investigado a un veciño de 55 anos de Verea como presunto autor do furto de 34 colmeas valoradas en máis de 5.000 euros. A investigación iniciouse tras a denuncia presentada por un apicultor da zona no mes de abril pola desaparición das colmeas e doutro meterial apícola. 

Segundo informou a Comandancia, o Equipo Roca da Garda Civil de Celanova localizou as colmeas nunha leira propiedade do investigado. Ademais, comprobou que o número de explotación fora borrado e que as caixas foran repintadas para dificultar a súa identificación. 

Tamén, o Servizo Fiscal da Garda Civil investiga un veciño de 30 anos de Verín como presunto autor dun delito contra a propiedade industrial. Os axentes interceptárono no quilómetro 10 da A-75 cando circulaba nunha furgoneta transportando 100 equipamentos da selección española de fútbol e outros 100 da selección brasileira, presuntamente falsificados. 

A Garda Civil indicou que o investigado non portaba albará de transporte nin factura da mercadoría. Durante a actuación tamén foron intervidos 8.535 euros en efecivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade