Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous feridos no incendio dunha vivenda na Coruña

Dous feridos no incendio dunha vivenda na Coruña

Un home foi ingresado no hospital con queimaduras e unha muller por inhalación de fume

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 30/09/2025 19:16

Dúas persoas resultaron feridas este mediodía a causa dun incendio declarado na cociña dunha vivenda situada na rúa Antonio Casares Rodríguez, no barrio de Elviña, A Coruña.

O 112 Galicia recibiu a alerta ás 14:30 horas, cando un particular informou de que unha tixola prendera lume e as lapas se estenderan ao extractor. Na mesma chamada, solicitouse tamén asistencia sanitaria para os ocupantes da vivenda, que inhalaran fume.

De inmediato, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros da Coruña, á Policía Nacional, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Como consecuencia do suceso, dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Un home, con queimaduras leves e inhalación de fume, e unha muller, tamén por inhalación de fume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade