Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous condutores abandonan o lugar do accidente despois de dous atropelos

Dous condutores abandonan o lugar do accidente despois de dous atropelos

Un tivo lugar no Pino e outro, en Ourense, e as vítimas tiveron que se trasladadas aos hospitais de referencia

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 06/04/2023 10:19

Dous condutores abandonaron o lugar do accidente tras senllos atropelos no termo municipal do Pino, A Coruña, e na cidade de Ourense.

Como resultado dos sinistros, dúas persoas necesitaron asistencia médica e mesmo o traslado aos seus centros hospitalarios de referencia, informa Emerxencias.

No primeiro, o condutor implicado no accidente, a persoa que manexaba un tractor, continuou a marcha despois de alcanzar a un home que quedou tendido na vía.

Para ofrecer axuda ao ferido, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen trasladou ao home en vehículo especializado ao Hospital Clínico de Santiago.

Ademais, un equipo da Garda Civil de Tráfico acudiu ao lugar dos feitos, no lugar de San Migueliño, para recoller toda información sobre este sinistro co condutor implicado ausente.

Por outra banda, en Ourense, na rúa Faustino Míguez, unha muller resultou ferida despois de recibir un golpe dun autobús. Tamén neste caso, o vehículo continuou a marcha.

Para este caso, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos axentes da Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar