Publicador de contidos

Publicador de contidos

Donald Trump cualifica de moi boa a reunión coa China para desencallar a guerra arancelaria

Donald Trump cualifica de moi boa a reunión coa China para desencallar a guerra arancelaria

EUA e a China comezan este domingo o segundo día de negociacións comerciais en Suíza

O obxectivo das xuntanzas é negociar como aliviar as fortes tensións comerciais entre ambas as potencias que manteñen en suspense a economía mundial

G24.gal 11/05/2025 12:23

Donald Trump cualifica de moi boa a reunión coa China para desencallar a guerra arancelaria. Na súa conta da rede social X, o mandatario estadounidense dixo que ambas as potencias discutiron moitos temas este sábado e que chegaron a moitos acordos. Sinalou que incluso se negociou un reinicio total de forma amistosa e construtiva. Trump salientou que quere ver unha apertura da China ás empresas estadounidenses.

Deste xeito concluíron este sábado o primeiro día de negociacións das delegacións de ambos os países. As conversas continúan hoxe.

EUA e a China comezan este domingo o segundo día de negociacións comerciais en Suíza

Segundo día de negociacións entre EUA e a China co obxectivo de negociar como aliviar as fortes tensións comerciais entre ambas as potencias, que manteñen en suspense a economía mundial.

O resultado destas conversacións, que se realizan en Xenebra, determinarán o ánimo co que mañá luns van abrir as principais bolsas do mundo.

As delegacións, encabezada na banda estadounidense polo secretario do Tesouro, Scott Bessent, e o representante de Comercio, Jamieson Greer, e polo viceprimeiro ministro Hei Linfeng, na banda chinesa, retornaron a media mañá á residencia do embaixador de Suíza ante a ONU en Xenebra, unha mansión histórica cuxo emprazamento lles garante tranquilidade e permite manter afastados os xornalistas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade