Abadín contará cunha nova residencia de maiores para 44 persoas
O centro, que xa está practicamente rematado, podería entrar en funcionamento a mediados do vindeiro mes
A conselleira de Política Social visitou as instalacións, onde o seu departamento investiu máis dun millón de euros
En Abadín, a conselleira de Política Social, Fabiola García, vén de visitar as obras da futura residencia de maiores, que se prevé que se poña en marcha a mediados do vindeiro ano.
Acompañada do alcalde e outros membros da corporación deste concello lucense percorreu a instalación, dotada de 44 prazas. A obra enmárcase no plan de centros residenciais en zonas rurais que está a desenvolver a Xunta.
A titular de Política Social sinala que o investimento supera o millón de euros e que "dará servizo de primeira calidade e unha atención residencial de vinte e catro horas" a todo a veciñanza de Abadín e a súa comarca.