Publicador de contidos
Publicador de contidos

O galego Diego Trillo, candidato a Pasteleiro Revelación 2022 en Madrid Fusión

O galego Diego Trillo, candidato a Pasteleiro Revelación 2022 en Madrid Fusión

É o único galego entre os seis pasteleiros de toda España elixidos polo xurado

Basea o seu produto nos ingredientes de quilómetro cero e nas receitas tradicionais 

G24.gal 23/02/2022 21:27

Chegamos polos pelos gravar o último de hoxe dos famosos pans de juevo que lle dan nome á pastelería que abriu Diego Trillo, ceense de 33 anos, en plena pandemia na súa vila natal hai só un ano.

De aí a sorpresa de que o elixisen como candidato a Pasteleiro Revelación de Madrid Fusión 2022.  O propio Diego cóntanos que aínda está en shock.

"Foi un shock porque non esperabamos, non sabiamos nada diso, e chegounos ao sabermos un pouquiño de casualidade  a través das redes"

Quedamos tamén coas ganas de probar as galletas de manteiga que o fixeron voar á nominación , doces que aprendeu a facer coa súa nai desde moi pequeno para agasallar polo Nadal.

Así que el agora tamén as fai só nesa época pero a diario saca miles de calquera outra especialidade.

E que di a nai, a verdadeira culpable?

"Cando a chamei por teléfono sei que empezou a saltar e estaba emocionadísima e superorgullosa"

Cal é o segredo do seu éxito: os ingredientes de quilómetro cero ou a receita tradicional do pan de juevo? 

"Algo que nos din moi habitualmente é que lles recorda ao da súa avoa ou que facía 40 anos que non probaban un pan de juevo como este"

O ruxerruxe achaca o sabor ao amor que Diego, Mariana, Mari e Jeny poñen no seu traballo. De momento, o flamante candidato segue en probas e non adianta nada do que vai presentar en Madrid Fusión.

Ten ata o 11 de marzo pero sabe que a súa proposta  levará seguro manteiga e ovos caseiros de Zas como ingredientes principais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos