Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dez xogadores e o adestrador acaban contrato co Breogán

Dez xogadores e o adestrador acaban contrato co Breogán

Os irmáns Sergi e Erik QuintelaJuan Fernández e o pivote Jordan Sakho, son os únicos xogadores con contrato en vigor

Foto @CBBreogan Foto @CBBreogan
G24.gal 16/05/2024 16:34 Última actualización 16/05/2024 16:41

Dez xogadores e o técnico Veljko Mrsic acaban contrato co Río Breogán, polo que o equipo lucense terá que reinventarse novamente para competir na liga Endesa. O director xeral, Tito Díaz, xa iniciou os contactos co adestrador croata para tentar alongar a súa estancia no banco do Pazo Provincial dous Deportes de Lugo.

A continuidade de Mrsic é unha prioridade para o Breogán, que tamén confía en poder reter a xogadores que tiveron un papel determinante no tramo decisivo do campionato, como o base Sergi García ou o escolta suízo Anthony Polite.

Os irmáns Sergi e Erik Quintela, o internacional arxentino Juan Fernández e o pivote congolés Jordan Sakho, un dos últimos reforzos invernais en incorporarse ao equipo breoganista, son os únicos xogadores con contrato en vigor para a tempada 2024-25.

O escaso protagonismo que tivo o croata Matej Rudan, descarte habitual de Mrsic nas últimas xornadas, fan difícil a súa continuidade no Breogán, que tamén conta con Toni Nakic e Martynas Sajus, dous fixos no sistema de xogo do seu adestrador

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos