Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dez homes armados asaltan a casa de Miguel Bosé en México

Dez homes armados asaltan a casa de Miguel Bosé en México

Retivérono a el, a súa familia e empregados durante dúas horas e "levaron todo"

G24.gal 21/08/2023 18:24 Última actualización 21/08/2023 18:34

O cantante español Miguel Bosé confirmou este luns que foi vítima dun violento asalto na súa casa en Cidade de México, onde un grupo de dez individuos armados o retiveron a el e aos seus fillos durante máis de dúas horas.

“Queridos amigos, o venres pola noite un comando de dez suxeitos armados irrompeu no meu domicilio, asaltáronnos, tivéronnos atados aos meus fillos, ao persoal da casa e a min durante máis de dúas horas”, dixo o intérprete nunha publicación na súa conta oficial de Instagram.

O español, quen aclarou que non abandonará México, afirmou que todos están ben, aínda que os ladróns levaron “todo” e que o crime parecía estar “moi estudado e milimetrado”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade