Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home de 36 anos por unha trintena de roubos en garaxes do Barco

Deteñen un home de 36 anos por unha trintena de roubos en garaxes do Barco

Desde agosto de 2024 esta persoa, sinala o comunicado, suma sete detencións e cinco investigacións por roubos similares, sendo a última do 31 de marzo 

G24.gal 07/05/2025 12:11

O equipo Roca da Garda Civil da Rúa detivo un home como presunto autor dunha trintena de roubos no interior de garaxes de uso comunitario na localidade ourensá do Barco de Valdeorras. Segundo informou a Comandancia de Ourense, o arresto do home, veciño da citada localidade e de 36 anos, produciuse o pasado 5 de maio.

A Benemérita atribúelle trinta delitos de roubo cometidos no interior de garaxes comunitarios na localidade. Cando lle detiveron levaba no seu vehículo varios obxectos subtraídos.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución do Barco. Desde agosto de 2024 esta persoa, sinala o comunicado, suma sete detencións e cinco investigacións por roubos similares, sendo a última do 31 de marzo. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade