Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos tres homes en Vigo tras tentar coarse nunha vivenda pola xanela

Detidos tres homes en Vigo tras tentar coarse nunha vivenda pola xanela

O morador viunos e, ademais de perseguilos pola rúa, chamou a Policía, a cuxos axentes facilitou unha descrición detallada dos presuntos ladróns

G24.gal 22/01/2026 12:33

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo tres homes que foron sorprendidos polo morador dunha vivenda cando tentaban entrar nela para roubar.

Os feitos, dos que informou este xoves a Policía Nacional, ocorreron no barrio de Teis e os presuntos ladróns trataron de acceder á vivenda pola xanela e fuxiron ao ser descubertos.

O morador viunos e, ademais de perseguilos pola rúa chamou a Policía, a cuxos axentes facilitou unha descrición detallada dos presuntos ladróns.

A Policía montou un dispositivo de procura durante o que observaron tres homes que trataban de ocultarse ao detectar a presenza policial e cuxa aparencia coincidía plenamente coa descrición facilitada pola testemuña, polo que os axentes procederon a darlles o alto e realizar as comprobacións pertinentes, localizando un par de luvas negras xunto a eles.

Fóronlles intervidas diversas doses de substancias estupefacientes, así como 350 euros en efectivo, que portaba un deles. Os tres detidos foron postos á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade