Publicador de contidos

Publicador de contidos

Allegue, sobre as zonas tensionadas: "O intervencionismo no alugueiro ten efectos contrarios aos desexados"

Allegue, sobre as zonas tensionadas: "O intervencionismo no alugueiro ten efectos contrarios aos desexados"

A conselleira de Vivenda di que se cumpren o establecido nesa normativa estatal, a Xunta ten que tramitar a nova solicitude realizada por Concello de Santiago

Sobre Casa 47, Allegue cre que é unha propaganda estéril que non sirve para nada e que o Estado ten que transmitir as vivendas ás comunidades autónomas

G24.gal 10/03/2026 09:45

Construír nova vivenda pública, ata chegar ás dez mil en Galicia no ano 2030, rehabilitar e desenvolver solo residencial son os piares en que se asenta a folla de ruta da Xunta para facilitar o acceso dos galegos á vivenda, un dos problemas que máis preocupa hoxe en día e que pasa tamén polo recentemente asinado II Pacto de Vivenda 2026-2030.

Allegue asegurou no Bos días que teñen moi clara cal é a folla de ruta que hai que seguir, na que teñen que participar todas as administracións así como sector, e que pasa por asentar o segundo Pacto da Vivenda. Manifestou que entre os obxectivos están o de incrementar a creación de vivenda pública e habilitar solo para poder construír e onde os concellos xa están cedendo solo. 

"Ese obxectivo de construír 4.000 vivendas ata o 2028 o incrementamos ata o 2030 e así ter 10.000 vivendas de promoción pública", destacou a conselleira de Vivenda.

A vivenda segue a ser a principal preocupación dos galegos, e por iso a Xunta está comprometida con este asunto. Allegue asegurou que xa están comprometidos 2.000 millóns de euros de investimento público e que xera investimento inducido (5.000 millóns privados), en total serán 7.000 millóns ata 2030 para a construción de vivenda, que xerarán 60.000 postos de traballo.

Prezo da vivenda

O prezo da vivenda en España segue sen dar tregua. Esperaba que en 2025 o mercado inmobiliario pisase o freo, pero as expectativas non se cumpriron e, de acordo aos datos avanzados este venres polo Instituto Nacional de Estatística, os prezos volveron a dispararse un 12,7 %, rexistrando a súa maior alza en 18 anos. Con esta subida, a vivenda encadea 12 exercicios consecutivos de incrementos.

O 13 de marzo comezan as solicitudes para acceder aos avais da Xunta de Galicia para adquirir unha primeira vivenda. Trátase do Aval Mozo, que avala un 20 % do préstamo hipotecaria, tamén está a axuda Fogar Vivo para mobilizar vivenda baleira, unha axuda para reformar a vivenda ou facer modificacións, tamén 3.000 euros para o seguro de impago. En total son 16.000 euros de axuda para eses propietarios que queren destinar as súa vivendas baleiras a alugueiro taxado.

Santiago, zona tensionada

O concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás, avanzou que este luns enviou á Xunta o novo informe que acompaña á solicitude para declarar a cidade zona de mercado residencial tensionado.

Acompañado da voceira do Goberno municipal, Míriam Louzao, explicou que a solicitude se aprobou na Xunta de Goberno local tras elaborar unha nova proposta a pesar de que a anterior solicitude xa era, ao seu xuízo, "correcta".

Segundo a conselleira de Vivenda, a Xunta está en contra do intervencionismo no mercado do alugueiro porque ten os efectos contrarios aos desexados e puxo de exemplo a cidade da Coruña, onde dende que se declarou a zona tensionada xa se retiraron moitas vivendas do mercado de alugueiro. Afirmou que están en contra da normativa estatal e subliñou que aquelas administracións locais que solicitasen a declaración de zona tensionada, se cumpren o establecido nesa normativa estatal, a Xunta ten que tramitala. Allegue afirmou que esta solicitude entrou a primeira hora da mañá deste martes e que agora teñen que analizala.

Casa 47

Casa 47, a nova Entidade Estatal de Vivenda que o Goberno creou a partir de Sepes, publicou unha convocatoria piloto con 171 vivendas de alugueiro.

Do total de vivendas, 67 están en Vigo, 67 onde o prezo do alugueiro é de 8,8 euros o metro cadrado (as vivendas teñen distinto tamaño), un 35 % por baixo do prezo de mercado. Así, unha vivenda de 80 metros, tería unha renda mensual de alugueiro duns 700 euros.

Para a conselleira de Vivenda Casa 47 é unha propaganda estéril que non sirve para nada, o prezo do alugueiro en Vigo é superior da media, e se fora unha vivenda da Xunta o alugueiro sería de 150 euros.

Cre que o que ten que facer o Estado con Casa 47 é trasmitilas ás comunidades autónomas. Di que a Xunta o que faría sería calificalas como vivenda pública e adxudicalas a través do rexistro de demandantes e con alugueiros accesibles. Pide responsabilidade ao Goberno central e que aprobe o Plan Estatal de Vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade