Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago, declarada zona residencial tensionada

Santiago, declarada zona residencial tensionada

Compostela será a segunda cidade galega, tras A Coruña, que establecerá límites nos prezos dos alugueiros

A Administración autonómica rexeitara un primeiro intento por parte do Goberno municipal santiagués para declarar esta condición

G24.gal 24/04/2026 10:13 Última actualización 24/04/2026 22:01

A Xunta de Galicia aceptou a solicitude do Goberno local de Santiago para conceder á cidade a declaración de zona residencial tensionada.

Deste xeito, Compostela vaise converter na segunda cidade galega que completa este trámiteA Coruña conta con esta declaración desde xullo do pasado 2025.

O Concello da capital galega xa intentara conseguir esta condición pero, o pasado verán, a Xunta rexeitou o primeiro informe remitido polo Goberno municipal, ao considerar que “non se axustaba ao previsto” na lei.

Unha vez corrixidas as discrepancias, o Executivo municipal enviou un novo informe á Administración autonómica a principios do pasado mes de marzo, que si conseguiu unha resolución favorable.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, chamou este mesma mañá á alcaldesa, Goretti Sanmartín, para confirmarlle que xa asinou a solicitude.

Nunha conferencia de prensa posterior Sanmartín agradeceu a chamada, aínda que dixo "igual a aprobación da solicitude chega algo tarde".

Agora será o Concello de Santiago o que teña que presentar un plan de acción e, a continuación, o Goberno central recollelo no Boletín oficial del Estado (BOE).

Nese sentido, Goretti Sanmartín dixo que no Concello están "preparados" e teñen "os deberes totalmente feitos" para presentar ese plan de acción non prazo de dous meses que marca a lexislación.

A rexedora sinalou que ese plan contempla "medidas de contención de prezos" que agarda sirvan para "continuar avanzando nunha política de vivenda que defenda que se trata dun dereito do conxunto da poboación".

Desde o Partido Popular rexeitan esta medida e din que non vai axudar a solucionar o problema da vivenda. "Santiago necesita máis vivenda, non máis barreiras. E o que fai hoxe o goberno de BNG e Compostela Aberta é complicar aínda máis o acceso á vivenda", asegura Borja Verea.

A pesar de dar o visto e prace á solicitude, a Xunta reitera que a declaración de zona tensionada “non funciona”, e pon o exemplo da cidade da Coruña, onde sostén que non lograron reducir os prezos de alugueiro e, pola contra, desde o pasado me de xullo provocou unha diminución dos inmobles dispoñibles. Fontes da Xunta sinalan que desde esa declaración os contratos de alugueiro baixaron arredor dos 400.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade