Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vivenda constata a caída do número de contratos de alugueiro na Coruña tras a declaración de zona tensionada

Vivenda constata a caída do número de contratos de alugueiro na Coruña tras a declaración de zona tensionada

Segundo o Observatorio da Vivenda, en 2025 asináronse un 70 % menos de contratos

A cidade leva medio ano como zona tensionada

G24.gal 14/01/2026 14:20

En decembro, A Coruña rexistrou 210 contratos de alugueiro. É a cifra máis baixa dos últimos dous anos e supón unha caída do 49 % respecto ao ano anterior, segundo datos do Instituto Galego da Vivenda e Solo, o que segundo o seu director xeral supón en relación ao último mes antes da declaración de zona tensionada, unha caída no número de contratos dun 70 por cento". Di que é a evolución que se predicía dende a Xunta de Galicia.

E os prezos baixaron un 3,7 % no último mes, pero no conxunto do ano foron un 7,5 % máis caros que en 2024. A Coruña segue a ser a cidade galega con alugueiros máis altos, malia ser a única onde se rexistrou unha baixada real debido á nova lei. O sector inmobiliario xa fala dun mercado en reaxuste. Menos contratos, máis alugueiros de tempada e propietarios que prefiren non alugar, antes que limitar os prezos.

E mentres tanto, a demanda segue á alza, e a presión comeza xa a desprazarse cara á área metropolitana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade