A situación do mercado da vivenda afecta negativamente á saude mental de moitos mozos
A vivenda é un piar para o noso benestar emocional e os problemas que afrontan moitos á hora de mercar ou alugar xeran un estado de incerteza contínua que pode derivar en ansiedade e desgaste psicolóxico
É o que se coñece como hipoteca emocional, a sensación de que a persoa é incapaz de acadar unha base mínima de seguridade
O problema do acceso á vivenda é un dos principais crebacabezas da poboación española, especialmente entre a xente nova que afronta alugueiros moi caros e dificultades para acceder á compra. Unha situación que afecta negativamente á saude mental de moitos.
"Ven moita xente que quere arrincar a súa vida, independizarse. E teñen dificultades porque non teñen aforros e agora coas condicións que piden é difícil encontrar."Di Emilio García, da inmobiliaria Galician Homes.
"Polo tanto é normal que teña unha relación tan forte coa frustración, coa ansiedade e con todo este tipo de sintomatoloxía." Explica o psicólogo Andrés Sampayo.
Moitos non poden independizarse sen a axuda económica das familias e hai quen se ve obrigado a compartir piso para poder afrontar o pago do alugueiro ou mesmo volver ao domicilio familiar. Unha situación que implica na práctica a paralización dos proxectos vitais de futuro.
"E penso que todos tiñanos esa ilusión de independizarnos asi que acabaramos a nosa carreira e encontráramos o noso primeiro traballo e agora ponse máis complicado porque tamén a vida está máis cara." Di Emilio García
"Simbólicamente a vivenda é o lugar a partir do cal pode construir identidade, un proxecto vital... E se todo eso está bloqueado ou está impedido ou é de moi difícil acceso, pois estamos impedindo cousas moi básicas para a persoa." Asegura o psicólogo Andrés Sampayo
Segundo os datos recollidos no Barómetro da Vivenda, o 52% das personas de entre 18 e 29 anos sentiron estrés ou ansiedad á hora de buscar vivenda, de ahí que non nos extrañe que o acceso á vivenda sexa a principal preocupación entre os mozos españois segundo as enquisas.