Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ana Pontón destaca a sintonía que hai entre o BNG e o PT de Lula da Silva

Ana Pontón destaca a sintonía que hai entre o BNG e o PT de Lula da Silva

A voceira do BNG asegurou que comparten moitos debates á hora de atopar solucións para fortalecer a xustiza social, os dereitos das mulleres e defender a democracia

G24.gal 26/04/2026 12:42

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, subliñou "a sintonía existente" entre a formación nacionalista galega e o Partido dous Trabalhadores (PT) do Brasil, durante a súa visita ao Brasil con motivo da celebración do VIII Congreso do PT de Lula da Silva.

A líder nacionalista tamén destacou a importancia de "tecer alianzas a nivel internacional" co fin de construír un mundo "baseado na igualdade".

Pontón asegurou que, a pesar de estar separadas por un océano, ambas as formacións políticas comparten moitos debates á hora de atopar solucións e alternativas para fortalecer a xustiza social e os dereitos das mulleres e defender a democracia.

A portavoz nacional do BNG sostivo durante estes días varias reunións bilaterais con dirixentes do PT e do executivo brasileiro. En concreto, coa ministra da Muller, Márcia Lopes, con quen destacou a capacidade das empresas e sectores produtivos galegos para mellorar as relacións comerciais co país americano.

Desde o BNG consideran importante "aproveitar a oportunidade que representa un mercado de 213 millóns de habitantes", especialmente tendo en conta que a balanza comercial de Galicia con Brasil en 2025 ascendeu a 320 millóns de euros, dos cales 250 millóns corresponderon a importacións e as exportacións galegas "apenas alcanzaron os 70 millóns de euros".

Os nacionalistas defenden a implementación dunha estratexia institucional e comercial que permita abrir mercados ás empresas galegas e impulsar a internacionalización dos sectores produtivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade