Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parlamento volve pedir a transferencia a Galicia da titularidade da AP-9

O Parlamento volve pedir a transferencia a Galicia da titularidade da AP-9

Farao a través dunha proposición non de lei presentada polo PPdeG que será apoiada previsiblemente polo BNG e PSdeG

directo
G24.gal 22/04/2026 08:28

O Parlamento volverá pedir este mércores ao Goberno central a transferencia a Galicia da titularidade e as competencias sobre a autoestrada AP-9.

Farao mediante a aprobación dunha proposición non de lei presentada polo PPdeG que será apoiada, previsiblemente, por unanimidade dos grupos.

PPdeGalicia, BNG e PSdeG expresaron esta tarde o seu apoio ao fin último desta proposta, aínda que protagonizaron un intenso cruzamento de declaracións e reproches.

O grupo socialista tratou de incorporar unha emenda ao texto orixinal da iniciativa para que a Xunta iguale, nas autoestradas de titularidade autonómica, as bonificacións aplicadas pola administración central nas vías da súa competencia, algo ao que o PP non accedeu.

Mentres tanto, o BNG criticou ao PP polo seu historial na xestión e nas decisións tomadas ao respecto da AP-9, pero tamén advertiu ao PSdeG de que, alén de avanzar cara á súa gratuidade, a transferencia a Galicia desta infraestrutura tense que facer si ou si, con independencia de quen goberne.

Poden seguir a sesión en G24.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade