Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban unha ducia de cruces de bronce do cemiterio de Coles

Rouban unha ducia de cruces de bronce do cemiterio de Coles

Os ladróns elixiron coidadosamente as tumbas asaltadas, situadas en distintas zonas do camposanto para levar os cristos de bronce

G24.gal 10/03/2026 14:44

Na aldea de Ferreiros, os veciños aínda non acaban de crer o acontecido nos últimos días nos panteóns do cemiterio.  "Tivo que ser a fin de semana porque houbo unha persona que o domingo a tarde veu o cemiterio e foi o que se deu conta. Estaba mirando as sepulturas e viu que faltaba o crucifixo".

De feito, os ladróns elixiron coidadosamente as tumbas asaltadas, situadas en distintas zonas do camposanto. Só arrancaron os cristos que eran de bronce. A veciñanza di estar moi desgustada co acontecido, que din afecta a moitas familias da parroquia. 

​​"Foi unha persoa que veu aí o cemiterio o que foi que viu que faltaban cousas, entón fomos a mirar. Faltaban cruces, polo menos unhas doce ou trece cruces."

Algúns veciños achegáronse ata o cemiterio para comprobar os danos. Din que nesta igrexa de San Eusebio nunca acontecera nada semellante. "Levaron bastante, bastantes cristos de bronce, un desastre fixeron aquí. Todos de bronce debían ser sí, levaríanos para fundir e para o mercado."

A meirande parte dos veciños sospeitan que os levaron para fundir e poder revendelos , por iso din, non teñen esperanza de recuperalos. Con todo o párroco tiña previsto denunciar os feitos ante a garda civil

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade