Detidos en Lugo cinco integrantes de dúas bandas que roubaban en vivendas
A operación segue aberta e non se descartan máis detencións
Unha das bandas era itinerante e actuaba dentro e fora de España
A Garda Civil detivo no seu domicilio de Lugo a dous integrantes dunha banda dedicada a roubar en vivendas da provincia. Foi durante un operativo que durou varias horas e que incluíu o rexistro do seu domicilio.
A intervención policial foi presenciada por varios veciños que prefiren non dar a cara por medo. Din que os detidos son persoas conflitivas que levan varios anos vivindo alí. Os investigadores lles atribúen, entre outros roubos, os que sufriron veciños na parroquia luguesa de Orbazai.
Noutro operativo a Policía Nacional realizou varios rexistros e detivo dúas persoas en Lugo e unha terceira en Sarria. Se lles acusa de formar parte dunha banda itinerante que roubaba dentro e fora de España.
Ao parecer colocaban fíos de cola nas portas das vivendas que querían asaltar para saber se estaban baleiras. Nuns días volvían ao lugar e se os fíos seguían intactos significa que ninguén entrara nin saíra da casa, co cal tiñan vía libre para roubar.
Pero nun deses asaltos un veciño viunos en actitude sospeitosa, avisou a policía e foron detidos. Logo de prestar declaración xudicial, quedaron en liberdade con cargos.