Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un veciño de Bueu por tráfico de drogas e tenza ilícita de armas

Detido un veciño de Bueu por tráfico de drogas e tenza ilícita de armas

En concreto, sete quilos de haxix, 500 gramos de cocaína, sete gramos de speed e 125 de TUSI, ademais de dúas armas curtas, unha delas con silenciador e dous cargadores municionados

O Xulgado de Garda de Marín determina o seu ingreso en prisión provisional e sen fianza

Non se destarcan máis detencións

Garda Civil/Ministerio do Interior Garda Civil/Ministerio do Interior
G24.gal 03/04/2025 16:02

A Garda Civil de Pontevedra, con coordinación coa de Cangas, detivo un veciño de Bueu de 36 anos de idade, que foi acusado dun suposto delito de tráfico de drogas e outro de tenza ilícita de armas.

Segundo informou o Instituto armado, o arrestado almacenaba en rochos diversas substancias estupefacientes, ademais de dúas armas curtas, unha delas con silenciador e dous cargadores municionados.

En concreto, os axentes comisaron sete quilos de haxix, 500 gramos de cocaína, sete gramos de speed e 125 de TUSI, todo iso no piso superior da súa antiga vivenda, na localidade de Bueu (Pontevedra).

Ante iso, o pasado día 27 de marzo, a Garda Civil procedeu á súa detención e traslado a dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Ademais, informouse o Xulgado de Garda de Marín que tutela a investigación, que determinou o seu ingreso en prisión provisional, sen fianza.

Con iso o Instituto armado dá por desarticulado un importante punto de venda de substancias estupefacientes que operaba na localidade. Non se descartan máis detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade