Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interior inicia os trámites para rescindir un contrato de balas cunha empresa israelí

Interior inicia os trámites para rescindir un contrato de balas cunha empresa israelí

A Secretaría de Estado de Seguridade propón a liquidación do contrato en cero euros

A prohibición de importar material de defensa desde Israel fai inviable a súa execución

Imaxe dunha manifestación en maio de 2024 pedindo que e deixe de comrpar armas a Israel Diego Radamés / Europa Press Imaxe dunha manifestación en maio de 2024 pedindo que e deixe de comrpar armas a Israel Diego Radamés / Europa Press
G24.gal 29/09/2025 20:35 Última actualización 29/09/2025 20:53

A secretaria de Estado de Seguridade, Aina Calvo, abriu o procedemento para rescindir o contrato coa empresa israelí IMI Systems LTD para a compra de munición destinada á Garda Civil, valorado en 6,6 millóns de euros.

Calvo asinou este luns o acordo que inicia a resolución do contrato por imposible cumprimento, despois de que a Xunta Interministerial Reguladora do Comercio Internacional de Material de Defensa e de Dobre Uso, dependente do Ministerio de Economía, denegase a autorización de importación. A decisión apóiase no real decreto aprobado o 23 de setembro, que recolle medidas urxentes contra o xenocidio en Gaza e de apoio á poboación palestina.

Un contrato de 2024 agora bloqueado

A adxudicación do contrato produciuse o 21 de outubro de 2024 en dous lotes: un de 4,46 millóns de euros e outro de 2,17 millóns. Para garantir o cumprimento, a empresa constituíra avais de 184.500 e 90.000 euros, equivalentes ao 5% do orzamento base de licitación de cada lote, sen impostos.

A pesar de que IMI Systems comunicara que tiña preparada unha partida de munición, o 4 de agosto de 2025 o subdirector xeral de Comercio Internacional de Material de Defensa e de Dobre Uso rexeitou a solicitude de importación, conforme ao informe vinculante da Xunta Interministerial.

O contrato tiña vixencia ata o 17 de xullo de 2027, mais a Secretaría de Estado considera que procede a súa resolución porque as obrigas da adxudicataria non se extinguiron. O acordo propón liquidar o contrato en cero euros, recoñecendo só unha posible indemnización á empresa por tratarse dunha causa allea ao contratista.

O procedemento outorga á compañía un prazo de 10 días para presentar alegacións antes de concluír a rescisión definitiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade