Publicador de contidos

Publicador de contidos

Julio Abalde toma posesión como subdelegado do Goberno na Coruña

Julio Abalde toma posesión como subdelegado do Goberno na Coruña

Abalde comprometeuse a "traballar polos 93 concellos da provincia"

O delegado do Goberno en Galicia e o novo subdelegado na Coruña. Europa Press O delegado do Goberno en Galicia e o novo subdelegado na Coruña. Europa Press
G24.gal 29/09/2025 17:37

O novo subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, comprometeuse a "traballar polos 93 concellos da provincia" na súa toma de posesión á fronte deste cargo.

Foi nun acto coa presenza da exsubdelegada, María Rivas, e do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen lle trasladou o obxectivo de consolidar unha Subdelegación aberta á cidadanía e profundar no "compromiso" do Executivo central coa provincia da Coruña.

Tamén incidiu na culminación dos proxectos do Executivo central na Coruña e que converten a esta provincia, dixo, en "exemplo da transformación que impulsa o Goberno de Pedro Sánchez en Galicia e en España".

Pola súa banda, Abalde anticipou que no seu novo cargo terá como guías "servir ao interese xeral, traballar desde a proximidade, escoitar, dialogar e cooperar con todas as administracións e con toda a sociedade". Tamén advertiu que os retos actuais da provincia requiren "unidade, cooperación e visión de futuro".

No acto, participaron tamén os subdelegados do Goberno nas outras tres provincias galegas, así como o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, entre outros representantes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos