Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump anuncia un arancel do 100 % aos filmes estranxeiros para impulsar o cine propio

Trump anuncia un arancel do 100 % aos filmes estranxeiros para impulsar o cine propio

Con esta medida quere evitar que o "negocio cinematográfico" siga sendo "roubado" por outros países

O presidente dos Estados Unidos fixo o anuncio a través da súa rede social O presidente dos Estados Unidos fixo o anuncio a través da súa rede social
G24.gal 29/09/2025 15:59

O presidente dos Estados Unidos anunciou este luns que impoñerá un arancel do 100 % ás películas producidas no estranxeiro para evitar que o "negocio cinematográfico" siga sendo "roubado" por outros países e así impulsar a industria estadounidense do cinema.

"O noso negocio cinematográfico foinos roubado por outros países, coma se lle quitasen 'un caramelo a un neno'. (...) Polo tanto, para resolver este longo problema, que parece non ter fin, vou impoñer un arancel do 100 % a todas as películas que se fagan fóra dos Estados Unidos", escribiu na súa rede Truth Social.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade