Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP recuperará a alcaldía de Ribeira tras un acordo con catro concelleiros do PBBI

O PP recuperará a alcaldía de Ribeira tras un acordo con catro concelleiros do PBBI

A moción está asinada polos 10 edís do PP e catro dos cinco que os independentes teñen na corporación

A futura alcaldesa, Mariola Sampedro, celebra que a moción leve o selo dunha "ampla maioría de concelleiros" e deixa a un lado "calquera problema do pasado"

A alcaldía está en mans do nacionalista Luis Pérez Barral desde 2023 co apoio do PSOE e do PBBI

Ana Pontón amosa o seu apoio ao alcalde Luis Pérez Barral e di que "tras dous anos como rexedor, hoxe ten o apoio da maioría dos veciños"

Mariola Sampedro, número 2 do PP nos anteriores comicios, será a nova alcaldesa de Ribeira se prospera a moción
G24.gal 29/09/2025 16:07 Última actualización 29/09/2025 21:24

O PP de Ribeira presentou unha moción de censura no consistorio da localidade coruñesa xunto a catro concelleiros do Partido Barbanza Independente (PBBI) que devolverá aos populares á Alcaldía, que desde os comicios municipais do 2023 estaba en mans do nacionalista Luis Pérez Barral co apoio do PSOE e do PBBI.

Amoción está asinada polos 10 edís do PP e catro dos cinco que os independentes teñen na corporación. O seu debate está previsto para o vindeiro 13 de outubro.

De prosperar, a nova alcaldesa da localidade do Barbanza será a popular Mariola Sampedro, que tomou a substitución de Manuel Ruiz Rivas, actualmente no Senado. Será a primeira muller en ocupar este cargo.

Deste xeito, rompe o tripartito xurdido tras as eleccións de maio de 2023 nas que un acordo entre o BNG, o Partido Barbanza Independente (PBBI) e o PSOE permitiu desbancar ao PP da alcaldía tras 32 anos de goberno.

 A moción leva o selo "dunha ampla maioría de concelleiros"

A furutra alcaldesa en conferencia de prensa celebrou que esta moción leve o selo de "unha ampla maioría de concelleiros", deixando ao carón, dixo, "calquera problema do pasado".

"Somos dous grupos que estamos contentos de poder unirnos, de sumar e desde logo estamos preparados para asumir esa responsabilidade e ese reto do que significa gobernar unha cidade como Ribeira", manifestou.

Para Mariola Sampedro, esta moción chega contra un alcalde que "nunca asumiu a responsabilidade e a honra que supón gobernar Ribeira", ademais de faltar "aos principios do diálogo e o consenso". Tamén criticou que Pérez Barral fale de "a maioría do pobo" cando o BNG obtivo cinco concelleiros nas eleccións de 2023 fronte ás 10 dos populares.

Nesta liña, definiu como "totalmente natural" o pacto cos independentes, que tras os comicios de 2023 vetaran ao candidato popular Manuel Ruiz Rivas para un hipotético acordo co PP, que se quedou a un edil da maioría absoluta. Neste contexto, acusou ao BNG de "repartir carnés de maiorías" e de "lexitimidade".

Apoio de Ana Pontón ao alcalde

A líder do BNG mostrou este luns o seu apoio ao ata o de agora alcalde, Luis Pérez Barral.

“(Alfonso) Rueda non soporta que Ribeira teña un alcalde que goberna para a maioría, honesto e cun proxecto que mellora a vida da xente”, escribiu Pontón na súa conta na rede social X despois de que transcendese o rexistro da moción de censura.

A dirixente do Bloque enviou “apoio” ao rexedor e remarcou que “tras dous anos como alcalde, hoxe ten o apoio da maioría dos veciños. Adiante alcalde”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade