O PP reúnese cos seus presidentes autonómicos en Murcia para falar do reto migratorio
Feijóo e os mandatarios autonómicos tamén debaten sobre o financiamento, a defensa do campo e o problema da vivenda
Os populares aseguran ser a alternativa a un Goberno que "naufraga"
Esta fin de semana a dirección nacional do PP e os seus presidentes autonómicos, entre eles o presidente das Xunta, Alfonso Rueda, reúnense en Murcia. Os populares debaten sobre a financiamento autonómico, a defensa do rural, o problema da vivenda e o reto demográfico.
O PP propón loitar contra as mafias, garantir a integración dos inmigrantes e expulsar os que veñan delinquir. O secretario xeral da formación, Miguel Tellado, asegura que "as axudas sociais non poden ser un efecto chamada á ilegalidade", por iso propón que só cobre o ingreso mínimo vital quen cotizara.
O Partido Popular asegura que é a alternativa a un Goberno que "naufraga".