Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acordo estratéxico para o desenvolvemento de Sarria

Acordo estratéxico para o desenvolvemento de Sarria

Os populares e a entidade Camiña Sarria asinaron 15 compromisos de investimento

G24.gal 27/09/2025 14:52 Última actualización 27/09/2025 15:28

O Partido Popular sarriao e a entidade Camiña Sarria asinaron un acordo para o desenvolvemento que inclúe 15 investimentos e actuacións estratéxicas para situar a vila no lugar que merece tanto dentro da provincia de Lugo coma de toda Galicia.

Mellorar a urbanización de travesías urbanas ou de instalacións como o colexio ou o estadio municipal son algunhas das medidas que acordaron nun acto en que participou tamén a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado.

Por outra banda os populares galegos defenderon hoxe as medidas que está adoptar a Xunta en materia de vivenda fronte ás improvisacións e os anuncios baleiros, din, do Goberno central.  Na clausura dunha xornada informativa do partido en Barbadás, os populares afondaron nas diferentes medidas que están a adoptar nesta materia. O compromiso do executivo é duplicar o parque de vivendas públicas ata chegar ás oito mil.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade