Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso rexeita transferir máis de 3.000 inmobles da Sareb a Galicia

O Congreso rexeita transferir máis de 3.000 inmobles da Sareb a Galicia

A falta de acordo entre o Goberno e os seus socios fixo que a iniciativa non prosperara

A proposición non de lei, presentada polo BNG, pretendía crear "un bolsa pública" para facilitar o acceso á vivenda 

G24.gal 24/09/2025 19:12

O Congreso rexeitou este mércores, debido á falta de acordo entre o PSOE e os seus socios, unha iniciativa parlamentaria que reclama ao Goberno a transferencia dos activos da Sareb a Galicia para crear unha bolsa pública que "facilite" o acceso á vivenda pública a xente nova e persoas con maiores dificultades.

Trátase dunha proposición non de lei do BNG en que se insta o Goberno a que transfira á Xunta os máis de 3.000 activos inmobiliarios, entre vivendas e solo, en mans da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria, Sareb.

A iniciativa, que foi debatida este martes e votada este mércores no Congreso, foi apoiada por partidos como Sumar, Junts e Eh-Bildu, pero foi rexeitada polos socialistas, mentres que o PP abstívose por incluír o grupo de Néstor Rego cuestións como "o control" do prezo do alugueiro e non aceptar emendas dos populares.

No debate, Rego sostivo que a iniciativa non soluciona o problema da vivenda na rexión, senón que persegue contribuír a que haxa unha alternativa habitacional nun contexto de urxencia e fronte á parálise, dixo, da Xunta en materia de vivenda pública.

O PSOE defendeu que a política de vivenda é competencia de cada autonomía e que España "non necesita cesións", senón que cada territorio asuma as súas competencias con "compromisos", aludindo o presidente galego.  O PP retrucou que o problema da vivenda en España "acentuouse" desde que goberna Pedro Sánchez, cunha subida de máis do 30 % nos prezos de alugueiro e venda e defendeu a política de vivenda pública da Xunta.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade