Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un mozo de 18 anos tras apuñalar a dous irmáns en Pontevedra

Detido un mozo de 18 anos tras apuñalar a dous irmáns en Pontevedra

O arrestado pasará a disposición xudicial este martes, mentres continúa a investigación dos feitos

Rúa García Escudero Rúa García Escudero
G24.gal 03/02/2025 10:47 Última actualización 03/02/2025 16:26

O mozo de 18 anos detido en Pontevedra por apuñalar outros dous na madrugada do domingo pasará a disposición xudicial da maxistrada do Xuzgado de Instrución número 1 de Pontevedra este martes.

Segundo fontes da Policía Nacional indican que o arrestado encóntrase na actualidade nos calabozos da comisaría de Pontevedra tras ser detido pola Policía Local de Pontevedra minutos despois do incidente. 

Segundo fontes municipais, os feitos ocorreron sobre as tres da madrugada do domingo na rúa García Escudero onde os dous irmáns, ambos maiores de idade, quedaron feridos por arma branca.

As vítimas foron trasladadas a un centro hospitalario e encóntranse fóra de perigo. O suposto agresor foi detido minutos despois do ocorrido, tras unha intensa búsqueda por as inmediacións da praza.

Un dos feridos recibiu o alta horas despois, mentres que o outro, de 24 anos, permanece ingresado na planta de hospitalización de Montecelo, recuperándose das feridas que ten no costado e na espalda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade